Historia

Dende tempos que nin os máis vellos do barrio recordan, celébrase o entroido en Salceda de Caselas. Este entroido celebrase nos barrios de Castro Barreiro e A Feira. Os dous barrios compiten entre si en festas, carrozas, comparsas, coplas, bailes e música. Poida que esta rivalidade veña das antigas regeifas e que fora, pouco a pouco, indo cara este tipo de carnaval xa que se poden escoitar coplas e chistes sobre as cousas que lle pasaron ós veciños do barrio contrario durante todo o ano, e que son parodiadas nestas festas.

No tempo da dictadura o entroido estivo prohibido, pero ainda así non se deixou de facer, polo que a imaxinación dos veciños conseguiu mantelo vivo con outras formas de facelo, ou mais ben de chamalo, xa que lle chamaban festas da primavera ou do santo que cadrara coa data.

A historia do carnaval continua e esta rivalidade chega ata límites insospeitables como por exemplo: esperar ata o último momento para anunciar as festas, normalmente o Sábado de Carnaval, para que o outro barrio no o poida superar; espiar ós vecinos do barrio rival para intentar averiguar como vai ser a súa carroza e así poder burlarse deles o día do desfile; tamén se colocan unhas grandes parrillas de altavoces dirixidas a festa do barrio rival para intentar molestar ós que acuden a verbena dos seus veciños, estes altavoces tamén se usan o terminar cada día da verbena para “vacilar” os seus rivais. En fin, un innumerable número de argalladas para augarlles as festas aos seus rivais.

O Luns de Entroido a xente acude as festas organizadas polos barrios de Castro Barreiro e a Feira. A maior parte da xente asiste cun disfraz para que non se lle poida recoñecer e non exporse así as bromas dos disfrazados. É tamén típico as camiñatas dunha verbena á outra, xa que se encontran moi cerca, as veces hai máis xente polos camiños que nas propias verbenas. A festa alargase  ata altas horas da madrugada incluso o amencer, a medida que se acerca o final a xente vaise quitando o disfraz e podrás coñecer a aqueles que se estiveron metendo contigo toda a noite.

O Martes de Entroido é día grande, os habitantes de cada barrio apuran os preparativos para que todo este a punto para o gran desfile da tarde. A primeira hora da tarde os barrios reúnense no cruce onde se xuntan as carreteras que veñen de cada barrio para seguir xuntos o seu camiño ata o casco urban de Salceda. Cada barrio elaborou  unha espectacular carroza con un motivo alegórico, acompañada por músicos co seu escenario movil e bailarins, que amenizan o camiño asta o centro de Salceda. O chegar a Salceda, moitisimo público espera para ver o desfile polas ruas que dan a volta a Praza do Concello. Ó  chegar ó edificio do concello cada barrio fai unha  pequena representación relacionada co tema que se elexiu  para a carroza.

Unha vez que se terminou, os dous barrios, inician o seu camiño de volta. Ó chegar ó lugar denomiando Cruceiro, volvese a facer a representación e iniciase o camiño para cada barrio. Durante este último tramo cada barrio atribuese a súa victoria sobre o barrio rival, enviándo mensaxes cheos de sarcasmo. Pola noite celebrase a verbena nos dous barrios que dan por finalizadas as festas.

SEN LUGAR A DÚBIDAS, UN GRAN ESPECTÁCULO AO QUE NON SE PODE FALTAR
ACÉRCATE ATA CASTRO BARREIRO PARA DISFRUTAR DO ENTROIDO AO MÁXIMO