COÑECE UN POUCO O NOSO BARRIO E OS LUGARES DE INTERESE QUE HAI MOI PRETO
Torreiro festas
Este é o recinto de festas, aqui celébrase a verbena do Luns de entroido onde todo o mundo está disfrado ata altas horas da madrugada. E de onde o martes de entroido sae a espectacular carroza e a impresionante comparsa formada polos rapaces e rapazas de Castro Barreiro.
Centro cultural de Castro Barreiro
No centro cultural atópase o bar, que está aberto todos os días, a onde te poderás achegar a tomar algo e disfrutar do bo ambiente dos veciños do barrio.
Parque recreativo dos Agueiros
Situado na extrema entre Barreiro e Feira, un lugar estupendo para unha comida no veran, provisto de mesas, fonte e campo de futbol.