O próximo 12 de Xaneiro celebrarase a VII KDD BTT DOS CALLOS, con un recorrido de aproximadamente 35km e dificultade media, tanto física como técnica, a saída realizarase dende o Centro Cultural Social de Castro Barreiro, Salceda de Caselas as 9:30. O punto de saída teredelo no seguinte enlace: PUNTO DE SALIDA
O prezo, se vos inscribides pronto hai importantes descontos, dende o 01/12/2019 ata o 26/12/2019 a inscripción costará 10€. A partir das 23:59 do 26/12/2019 o prezo será de 13€ ata as 23:59 do 07/01/2020. Todos os inscritos/as teñen dereito a:
- Avituallamiento sólido e líquido
- Callos, pan, viño tinto e rosca
- Duchas e lavado de bicis
- Seguro de accidentes para todos/as os participantes
- Regalos da organización para os primeiros 300 participantes.
A entrega de dorsais (que tamén é o vale para os callos) será o Sábado 11 de Xaneiro de 10:00h a 13:00 e de 16:00h a 20:00 e rogamos que todos os participantes que poidan, asistan este día a recollelo. No día, os dorsais entregaranse de 07:30 a 08:30. PUNTO DE ENTREGA
– FORMULARIO INSCRIPCIÓNS VII KDD BTT DOS CALLOS
– LISTA INSCRITOS VII KDD BTT DOS CALLOS
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 07/01/2020 23:59
Paralelamente á Ruta BTT teremos unha ruta de sendeirismo (Andaina) de aproximadamente 10 km pola contorna da zona de saída. A inscrición terá un custo de 5€ con dereito a:
- Pequeno avituallamiento sólido e líquido
- Callos, pan, viño tinto e rosca
Para inscribirse na ruta de sendeirismo (Andaina) podedes achegarvos ao Centro Cultural de Castro Barreiro, no mesmo cerco que a saída da BTT. Ou no seguinte enlace: – INSCRÍBETE!
Hora de Saída 10:00.
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 07/01/2020 23:59
Tamén haberá os seguintes trofeos:
- Trofeo ao club máis afastado
- Trofeo ao club máis numeroso
- Trofeo ao ciclista de maior idade
- Trofeo ao ciclista máis novo
Reglas, normas e requisitos OBRIGADA ACEPTACIÓN | Mostrar> |
---|---|