VIII Trail dos Penedos 2024

 

 

A asociación xuvenil «Nós Somos Nós» presentar o «VIII TRAIL DOS PENEDOS 2024».

O trail terá inicio no Centro Cultural de Castro Barreiro. Haberá 2 percorridos, un longo que serán aorredor de 25 km e aproximadamente 1300m de desnivel positivo e tamén se fará un mini trail cunha distancia aproximada de 15 km, e 700m de desnivel positivo.

O prezo, se vos inscribides pronto hai importantes descontos, ata o dia 10/12/2023 a inscrición custará 15€ (Longo) e 12€ (Curto). A partires das 23:59 do 10/12/2023 ata o 31/12/23 o prezo da inscrición será de 20€ para o percorrido longo e de 15€ para o curto. Por último, a partires das 23:59 do 31/12/23 ata o 10/01/24 o prezo da inscrición será de 24€ (Longo) e 19€ (curto).

A inscrición da dereito, ademáis da participación no evento, ao seguinte

  • Unha tapa de callos, pan e viño tinto e postre.
  • Seguros de RC e Asistencia Sanitaria.
  • 4 avituallamentos sólido e líquido no percorrido longo.
  • 2 avituallamentos sólido e liquido no percorrido curto.
  • Regalo para os primeiros 300 inscritos.
  • Servizo de duchas.
  • Servizo de cronometraxe.
  • Servizo de gardaroupa.

A entrega de dorsales (que tamén é o vale para os callos) será o sábado 13 de Xaneiro de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 20:00h e pregamos que todos os participantes que poidan asistan este día a recollelo. No día os dorsales entregaranse a partires das 7:30h e ata media hora antes da saida da proba.  PUNTO DE ENTREGA

FORMULARIO E LISTADO INSCRICIÓNS VIII TRAIL DOS PENEDOS 2024

DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 10/01/2024 – 23:59

Un pensamiento en “VIII Trail dos Penedos 2024

  • 11 enero, 2024 en 6:26 pm
    Enlace permanente

    Hola podría haber un cambio en la inscripción de salir yo y meter a otra persona en mi lugar. muchas n saludo y perdonar

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *