X KDD BTT dos Callos 2024

 

 

A Asociación xuvenil Nos Somos nos presenta una nova edición da BBT DOS CALLOS.

O próximo 14 de xaneiro celebrarase a X KDD BTT DOS CALLOS, con un recorrido de aproximadamente 36km e un desnivel aproximado de 1400. A saída realizarase dende o Centro Cultural e Social de Castro Barreiro, Salceda de Caselas as 9:15, o punto de saída no seguinte enlace: PUNTO DE SALIDA.

O prezo, se vos inscribides pronto hai importantes descontos, ata o día 10/12/2023 a inscrición custará 13€. A partir das 23:59 do 10/12/2023 ata o 31/12/2023 o prezo será de 15€. Por último, a partires das 23:59 do 31/12/2023 ata as 23:59 do 10/01/2024, o precio da inscrición será de 18€. Todos os inscritos/as teñen dereito a:

  • Unha tapa de callos, pan, viño tinto e postre.
  • Seguro RC e Asistencia Sanitaria.
  • Avituallamento sólido e líquido.
  • Regalo para os 300 primeiros inscritos.
  • Servizo de duchas.
  • Servizo de lavado de bicicletas.
  • Servizo de gardarroupas.

A entrega de dorsais (que tamén é o vale para os callos) será o sábado 13 de aaneiro de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 20:00h e rogamos que todos os participantes que poidan, asistan este día a recollelo. No día, os dorsais entregaranse de 07:30 ata media hora antes da saída. PUNTO DE ENTREGA

FORMULARIO E LISTADO INSCRICIÓNS X KDD BTT DOS CALLOS 2024

DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 10/01/2024 – 23:59

 

Tamén haberá os seguintes trofeos:

  • Trofeo ao club máis afastado
  • Trofeo ao club máis numeroso
  • Trofeo ao ciclista de maior idade

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *