O 19 de Setembro levarase a cabo a II Andaina nocturna «Noite de espantallos», terá un percorrido de 7 km aprox. polo noso barrio. A saída realizarase dende o Centro Cultural Social de Castro Barreiro, Salceda de Caselas as 21:30. O punto de saída tédelo no seguiente enlace: PUNTO DE SAÍDA
Os participantes deben facer grupos de 6 a 12 persoas e traer lanterna e chaleco, durante o percorrido terán que superarse probas para conseguir puntos e os elementos cos que facer un espantallo. O mellor espantallo terá como premio un XAMÓN!!!
Ao rematar haberá chocolate quente para todos. Dispoñemos de vestirarios e duchas para aqueles participates que desexen facer uso deles.
A inscripción ten un prezo de 5€ por persoa.
Podes inscribirte por diferentes medios:
1.- Mercando ONLINE as entradas e realizando o pago por tarxeta ou PayPal dende o seguinte enlance: INSCRÍBETE ONLINE
2.- Facendo o ingreso de 5€ Por participante no número de conta de La Caixa ES40 0133 4550 4142 0000 3748 indicando no concepto: Nome e Apelidos e enviar un e-mail a la dirección de correo contacto@carnavalcastrobarreiro.com co xustificante de pago(foto ou escaneo).
3.- Se o prefires, podes contactar con algún membro da organización, achegarte a copistería Sernel ou á cantina do Centro Cultural de Castro Barreiro para inscribirte e pagar a inscripción.
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 17/09/2015 23:59
