III Trail dos Penedos 2018

 

A asociación xuvenil “Nós Somos Nós” ten o pracer de presentar o “III TRAIL DOS PENEDOS 2018″.

Nesta nova edición do Trail dos Penedos 2018, debido oleada de incendios do pasado mes de Outubro no que a zona por onde transcurría a proba viuse afectada casi na súa totalidade, a organización viuse na obriga de reducir a proba a una única modalidade de 15 Km, suspendéndose de esa forma o trail longo como nas duas edicións anteriores. Debido o mesmo acontecemento, o percorrido da proba curta viuse tamén levemente modificado.

O trail terá inicio no Centro Cultural de Castro Barreiro. Haberá un único percorrido cunha distancia aproximada de 15 km, e 460 m de desnivel positivo.

O prezo, se vos inscribides pronto hai importantes descontos, dende o 13/11/2017 ata o 26/12/2017  é de 10€. A partires das 23:59 do 26/12/2017 o prezo será de 13€. A inscrición pechará o 09/01/2018  ás 23:59.

A inscrición da dereito, ademáis da participación no evento, ao seguinte

  • Unha tapa de callos, pan, viño tinto e rosca.
  • Seguros de RC e Asistencia Sanitaria.
  • 1 avituallamento sólido e líquido no percorrido curto.
  • Regalos que a organización poida conseguir.
  • Servizo de duchas.
  • Servizo de cronometrado.

Este evento deportivo será puntuable para o circuíto de correrengalicia.org tanto para o de ruta como para o de montaña.

A entrega de dorsales (que tamen é o vale para os callos) será o Sábado 13 de Xaneiro de 10:00h a 13:00 e de 15:00h a 20:00 e pregamos que todos os participantes que poidan asistan este día a recollelo. No día os dorsales entregaranse a partires das 07:30.

Cómo chegar

– FORMULARIO INSCRICIÓN III TRAIL DOS PENEDOS 2018
– LISTADO INSCRITOS III TRAIL DOS PENEDOS 2018
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 09/01/2018 23:59

Regras, normas e requisitos OBRIGADA ACEPTACIÓN Mostrar

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *