A asociación xuvenil «Nós Somos Nós» ten o pracer de presentar o «IV TRAIL DOS PENEDOS 2019″.
O trail terá inicio no Centro Cultural de Castro Barreiro. Haberá 2 percorridos, un longo que serán aorredor de 25 km e aproximadamente 1300m de desnivel positivo e tamén se fará un mini trail cunha distancia aproximada de 15 km, e 700m de desnivel positivo.
O prezo, se vos inscribides pronto hai importantes descontos, dende o 01/12/2018 ata o 26/12/2018 a inscrición custará 15€ (Longo) E 10€ (Curto). A partires das 23:59 do 26/12/2018 o prezo será de 18€ para o percorrido longo e de 13€ para o curto. A inscrición pechará o 08/01/2019 ás 23:59.
A inscrición da dereito, ademáis da participación no evento, ao seguinte
- Unha tapa de callos, pan, viño tinto e rosca.
- Seguros de RC e Asistencia Sanitaria.
- 2 avituallamentos sólidos e líquidos no percorrido longo.
- 1 avituallamento sólido e líquido no percorrido curto.
- Regalo da organización.
- Servizo de duchas.
- Servizo de cronometrado.
Este evento deportivo será puntuable para o circuíto de correrengalicia.org tanto para o de ruta como para o de montaña.
A entrega de dorsales (que tamen é o vale para os callos) será o Sábado 12 de Xaneiro de 10:00h a 13:00 e de 16:00h a 20:00 e pregamos que todos os participantes que poidan asistan este día a recollelo. No día os dorsales entregaranse de 7:30 a 8:30. PUNTO DE ENTREGA
– FORMULARIO INSCRICIÓN IV TRAIL DOS PENEDOS 2019
– LISTADO INSCRITOS IV TRAIL DOS PENEDOS 2019
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 08/01/2019 23:59
Reglas, normas e requisitos OBRIGADA ACEPTACIÓN | Mostrar> |
---|---|
Colaboradores
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Hola boas noites, queda algunha posibilidade de inscrición para o tráil curto, non contaba con poder asistir, pero si surxe a posibilidade gustariame participar, moitas gracias de antemán.
Hola me gustaría saber si la hora de entrega de dorsales para el Trail de 15 km también es hasta las 8:30 del domingo ya que la salida es a las 9:45