Listado inscritos II Trail dos Penedos



6 pensamientos en “Listado inscritos II Trail dos Penedos

  • Retroenlace: II Trail dos Penedos 2017 Carnaval Castro Barreiro -

  • 24 diciembre, 2016 en 7:05 pm
    Enlace permanente

    Non me parece moi ben que teñamos que inscribirnos un mes antes para ter acceso a un prezo menor, tendo en conta que no meu caso estou no paro, non podo prescindir dos cartos de esa maneira, po lo tanto eu este ano non serei da partida.

    saudos

    Respuesta
    • 30 diciembre, 2016 en 5:53 pm
      Enlace permanente

      Grazas de todas formas por pensar en participar e algo que teremos en conta para vindeiros anos

      Respuesta
    • 31 diciembre, 2016 en 12:32 pm
      Enlace permanente

      Boas Moncho,
      Permíteme que me intrometa no teu comentário. Adianto que non teño nada que ver coa organización desta carreira. Pero gustaríame darte o meu punto de vista sobre o prezo económico das carreiras, espero ser breve.

      En algún momento a todos nos pareceu inxusto que se pratiquen prezos económicos para quen se inscribe con anticipación, máis sabendo que a día de hoxe inda hai carreiras que teñen un prezo fixo. Neste caso concreto pode resultar frustrante para o participante saber que a carreira que hoxe costa 13 euros, ata o día 12 de decembro costaba 10 euros, no caso do Trail Curto. Que no meu parecer, tendo en conta os servizos dispoñíbeis, o prezo final desta carreira está no rango de prezos que se pratican para eventos de estas características.

      Os prezos económicos teñen moitas vantaxes tanto para o participante coma para a organización, eu destacaría dous:
      1. A organización vai asegurándose que hai xente interesada en participar no seu evento, e;
      2. O participante que paga antes ten unha bonificación no prezo.
      Estas medidas están ben tomadas para evitar que, por exemplo, a organización decida anular a carreira a última hora porque non dispón do retorno esperado, o que acaba prexudicando o participante que tiña o seu “desprendimento loxístico” para esa carreira, e tamén a organización que acaba prexudicando a sua credibilidade e capacidade de xestionar futuros eventos.

      No final de contas os prezos económicos apenas son unha transacción comercial, eu como participante invisto para que a organización poida tirar para adiante, a organización me devolve o favor con un coste de investimento máis baixo proporcional á anticipación con que faga a inversión.

      Canto antes coloquemos a nosa confianza na organización, antes e máis rápido esta se moverá para conseguir mellorar a nosa experiencia no día do evento con mellores servizos tanto antes coma durante e despois. Isto só será posible se dispoñen de capital e interese.

      Normalmente os prazos de inscripción terminan o martes antes das carreiras e lamentablemente inda moita xente espera ata o último día para apuntarse. Se non houbera este mecanismo o gordo das inscripcións serían o último día, e moitas carreiras serían penosas por dous motivos: non se pode organizar ben un evento para moita xente en apenas 4 dias ou a carreira tería que anularse por non haber participación mínima.

      Para a xente que estamos no paro a día de hoxe hai cada vez máis carreiras que dispón de un prezo reducido.
      Un saúdo e sorte para este novo ano

      Respuesta
      • 31 diciembre, 2016 en 12:44 pm
        Enlace permanente

        Creo que ninguén o houbese explicado mellor. Para nos, que se inscriban 200 persoas no último día fai que non estemos preparados para satisfacer as necesidades de tanta xente (comida, auga quente, ambulancias, agasallos, etc.) coa que nun principio non contábamos e como ti ben dis perderíamos confianza e credibilidade a hora de organizar outros eventos ou vindeiras edicións.

        Moitas grazas polo teu tempo e por esa explicación. Un saúdo e feliz ano novo!!!

        Respuesta
  • 2 enero, 2017 en 10:51 pm
    Enlace permanente

    Eu como xa son “bello” nunca podo aproveitar o desconto de apuntarse con antelación, posto que teño que esperar sempre a última hora para anotarme por motivos varios: coidar de meus país, traballo, achaques de última hora, etc. Enriba estou farto de apuntarme a moitos eventos e finalmente non poder ir. Un saudo e haber si non falto.

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *