VI Trail dos Penedos 2022

 

 

A asociación xuvenil «Nós Somos Nós» ten o pracer de presentar o «VI TRAIL DOS PENEDOS 2022″.

O trail terá inicio no Centro Cultural de Castro Barreiro. Haberá 2 percorridos, un longo que serán aorredor de 25 km e aproximadamente 1300m de desnivel positivo e tamén se fará un mini trail cunha distancia aproximada de 15 km, e 700m de desnivel positivo.

O prezo, se vos inscribides pronto hai importantes descontos, dende o 01/12/2021 ata o 27/12/2021 a inscrición custará 15€ (Longo) e 10€ (Curto). A partires das 23:59 do 27/12/2021 o prezo será de 18€ para o percorrido longo e de 13€ para o curto. A inscrición pechará o 03/01/2022 ás 23:59.

A inscrición da dereito, ademáis da participación no evento, ao seguinte

  • Unha tapa de callos, pan, viño tinto e rosca (se as restricción pola COVID 19 o permiten).
  • Seguros de RC e Asistencia Sanitaria.
  • 4 avituallamentos no percorrido longo: o primeiro líquido (km 5)  e os tres seguintes sólido-líquido (km 9, 15 e 21).
  • 2 avituallamentos no percorrido curto: o primeiro líquido (km 5) e o segundo sólido-líquido (km 9).
  • Regalo da organización.
  • Servizo de duchas (se as restriccións pola COVID 19 o permiten).
  • Servizo de cronometrado.

A entrega de dorsales (que tamén é o vale para os callos) será o Sábado 8 de Xaneiro de 10:00h a 13:00 e de 16:00h a 20:00 e pregamos que todos os participantes que poidan asistan este día a recollelo. No día os dorsales entregaranse de 7:30 a 8:30. PUNTO DE ENTREGA

– FORMULARIO INSCRICIÓN VI TRAIL DOS PENEDOS 2022
– LISTADO INSCRITOS VI TRAIL DOS PENEDOS 2022
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 03/01/2022 23:59

Reglas, normas e requisitos OBRIGADA ACEPTACIÓN Mostrar

 

Nota: A proba vai a estar suxeita a normativa que se aplique como consecuencia da evolución epidemeolóxica da COVID19 en Galicia.

Un pensamiento en “VI Trail dos Penedos 2022

  • 4 enero, 2022 en 9:04 pm
    Enlace permanente

    Buenas tardes. No se puede inscrever 2 chicos p el trail de 15km?Aller iba a inscrever pêro me olvide y hoy ya estaba cerrado las inscriciones.

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *