VII Trail dos Penedos 2023

 

 

A asociación xuvenil «Nós Somos Nós» ten o pracer de presentar o «VII TRAIL DOS PENEDOS 2023″.

O trail terá inicio no Centro Cultural de Castro Barreiro. Haberá 2 percorridos, un longo que serán aorredor de 25 km e aproximadamente 1300m de desnivel positivo e tamén se fará un mini trail cunha distancia aproximada de 15 km, e 700m de desnivel positivo.

O prezo, se vos inscribides pronto hai importantes descontos, dende o 15/11/2022 ata o 30/11/2022 a inscrición custará 13€ (Longo) e 10€ (Curto). A partires das 23:59 do 30/11/2022 ata o 24/12/22 o prezo da inscrición será de 18€ para o percorrido longo e de 13€ para o curto. Por último, a partires das 23:59 do 24/12/22 ata o 02/01/23 o prezo da inscrición será de 22€ (Longo) e 17€ (curto).

A inscrición da dereito, ademáis da participación no evento, ao seguinte

  • Unha tapa de callos, pan e viño tinto.
  • Seguros de RC e Asistencia Sanitaria.
  • 4 avituallamentos no percorrido longo.
  • 2 avituallamentos no percorrido curto.
  • Regalo da organización.
  • Servizo de duchas.
  • Servizo de cronometrado.

A entrega de dorsales (que tamén é o vale para os callos) será o Sábado 7 de Xaneiro de 10:00h a 13:00 e de 16:00h a 20:00 e pregamos que todos os participantes que poidan asistan este día a recollelo. No día os dorsales entregaranse de 7:30 a 8:30. PUNTO DE ENTREGA

– FORMULARIO INSCRICIÓN VII TRAIL DOS PENEDOS 2023
– LISTADO INSCRITOS VII TRAIL DOS PENEDOS 2023
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 02/01/2023 23:59

Reglas, normas e requisitos OBRIGADA ACEPTACIÓN Mostrar

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *