XI Carnaval de Verán 2015

XI Carnaval de Verán
Cartel XI Carnaval de Verán

Salceda ríndese ao Carnaval de Verán de novo neste 2015. 11 anos van xa dende que se nos ocurriu disfrazar a xente en pleno verán. Como sempre, ano tras ano tratamos de sorprender aos asistentes con actividades e coa mellor música, que este ano correrá a cargo dunha variedade de grandes deejays.

Carnaval de verán 2015 celebrarase durante a tarde-noite do venres 3. A partir das 8 da tarde dará comezo a 4ª edición do rallye de bares e a partires das 23:59 comezará a soar a música no noso recinto de festas onde se prolongará ata altas horas. Durante toda a noite celebrarase tamén un concurso de disfraces do que se publicarán os resultados cara a madrugada

Máis información no noso facebook

Programación prevista

20.00. Saída dende o torreiro de festas co Rallye de Bares acompañados da charanga SGHAE

23.59. Comeza a soar a música cos Dj’s

02.00. Comeza o concurso  de disfraces

05.00. Publicación dos gañadores do concurso de disfraces

07.00. Cos primeiros raios de Sol, fin da festa

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *