Un ano máis, chega o Carnaval de Verán 2016. 12 anos van xa dende que se nos ocurriu disfrazar a xente en pleno verán. Como sempre, ano tras ano tratamos de sorprender aos asistentes con actividades e coa mellor música, que este ano correrá a cargo dunha variedade de grandes deejays.
O Carnaval de verán 2016 celebrarase durante todo o día 9 de Xullo, comezando xa antes de comer, coa sesión vermouth. Pola tarde haberá animación e un concurso de disfraces para os máis pequenos. A partir das 8 da tarde dará comezo a 5ª edición do rallye de bares e a partires das 23:59 comezará a soar a música no noso recinto de festas que durará ata altas horas da madrugada. Durante toda a noite celebrarase tamén un concurso de disfraces do que se publicarán os resultados durante a noite.
Máis información no noso facebook
Programación prevista
12.00. Comezo da sesión Vermouth no noso recinto de festas para ir «quentando» o ambiente
16.00. Durante toda a tarde, animación e concurso de disfraces para os máis pequenos.
20.00. Saída dende o torreiro de festas co Rallye de Bares acompañados da charanga IMPERIAIS
23.59. Comeza a soar a música cos Dj’s
02.00. Comeza o concurso de disfraces
05.00. Publicación dos gañadores do concurso de disfraces
07.00. Cos primeiros raios de Sol, fin da festa
