Andaina Solidaria Bicos de Papel 2026

A asociación xuvenil «Nós Somos Nós» ten o pracer de presentar unha nova edición de «ANDAINA». Este ano, coa novidade de SOLIDARIA, colaborando con cada inscrición coa Asociación “Bicos de Papel” do hospital Álvaro Cunqueiro.

A andaina celebrarase o día 11 de xaneiro de 2026 e terá inicio no Centro Cultural de Castro Barreiro as 10:45 h. O percorrido será de 10 km aproximadamente pola contorna, onde se poderá gozar dunha paisaxe fermosa nun entorno moi natural.

O prezo da inscrición é de 8€ e prazo de inscrición remata o 7 de xaneiro de 2026. Unha porcentaxe da inscrición está destinada a Asociación “Bicos de Papel”, ademais poderás doar a cantidade que consideres.

No caso de non poder participar, pero querer doar, poderás facelo a través do DORSAL 0 = DORSAL SOLIDARIO. A infancia de oncoloxía do Álvaro Cunqueiro agradeceracho.

A inscrición dá dereito, ademais da participación no evento, ao seguinte:

  • Unha tapa de callos, pan, viño e sobremesa.
  • Bolsa con auga e froita.
  • Servizo de gardarroupa.
  • Agasallo da Asociación “Bicos de Papel” por ter colaborado ca infancia de oncoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro coa túa inscrición.

O regulamento completo atópase no mesmo enlace da inscrición.

FORMULARIO E LISTADO INSCRICIÓNS ANDAINA SOLIDARIA 2026

Un comentario en «Andaina Solidaria Bicos de Papel 2026»

  • 9 enero, 2026 a las 10:05 pm
    Enlace permanente

    Buenas tardes , sé acabo el plazo de inscripción pero habría forma de anotarnos dos personas? Gracias,un saludo

    Respuesta

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *