
A asociación xuvenil «Nós Somos Nós» ten o pracer de presentar a «XII BTT DOS CALLOS 2026».
A BTT dos Callos terá inicio no Centro Cultural de Castro Barreiro ás 09:30h. Haberá dous percorridos; un longo de 47Km e 1500m de desnivel aproximadamente, e un curto 37km e 1100m de desnivel aproximadamente.
O prezo da inscrición ata o 22/12/2025 é de 16€, a partires das 23:59 do 22/12/2025 ata o 07/01/26 ás 23:59h (día que se pecha a inscricións) o prezo será de 22€.
A inscrición da dereito, ademais da participación no evento, ao seguinte:
- Unha tapa de callos, viño, pan e sobremesa.
- Seguros de RC e Asistencia Sanitaria.
- 2 avituallamentos sólidos e líquidos. O primeiro avituallamento no km 23 aproximadamente, e o último en meta.
- Regalo para os primeiros 150 inscritos.
- Servizo de duchas.
- Servizo de lavado de bicicletas.
- Servizo de gardarroupas.
- Agasallo da Asociación “Bicos de Papel” por ter colaborado coa infancia de oncoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro coa túa inscrición.
A entrega dos dorsais (que tamén é o vale para os callos) realizarase o día 10/01/26 no lugar de saída no seguinte horario: 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00. No propio día a partires das 8:00 ata media hora antes da saída da proba.
O regulamento completo atópase no mesmo enlace da inscrición.
Hola buenas, se puede hacer con e-bike? Un saludo
Encantado de volver outro ano
Hola , podedes subir o track da ruta , para non perderse .
Hola, deches conseguido os tracks?
Boas tardes, será posible algún teléfono ou medio de contacto para Unha dubida sobre o trail deste domingo, meu número e o 678232264. Grazas
Track btt larga???