
A asociación xuvenil «Nós Somos Nós» ten o pracer de presentar o «X TRAIL DOS PENEDOS 2026».
O trail terá inicio no Centro Cultural de Castro Barreiro. Como novidade, este ano, haberá tres percorridos: un longo que será de 28 km aproximadamente con + de 1400m de desnivel positivo; un curto de 17 km aproximadamente con + de 800 de desnivel positivo, e tamén un mini trail cunha distancia aproximada de 10 km e 400m de desnivel positivo.
O prezo da inscrición ata o 22/12/2025 é de 20€ (longo), 15€ (curto) e 10€ (mini). A partires das 23:59 do 22/12/2025 ata o 07/01/26 ás 23:59h (día que se pecha a inscricións) o prezo será de 28€ para o percorrido longo, 21€ para o curto e de 16€ para o mini. Unha porcentaxe da inscrición está destinada a Asociación “Bicos de Papel”, ademais poderás aportar o realizar a túa inscrición o que consideres. A infancia que está a sufrir o cancro no Hospital Álvaro Cunqueiro agradeceracho.
Se non podes asistir o eventos e queres aportar o teu gran de area poderás facelo a través do DORSAL 0 = DORSAL SOLIDARIO.
A inscrición da dereito, ademais da participación no evento, ao seguinte:
- Unha tapa de callos, pan, viño e sobremesa.
- Seguros de RC e Asistencia Sanitaria.
- 4 avituallamentos sólidos e líquidos no percorrido longo.
- 2 avituallamento sólido e líquido no percorrido curto.
- 1 avituallamento líquido no percorrido mini.
- Regalo para os primeiros 150 inscritos.
- Servizo de duchas.
- Servizo de cronometraxe.
- Servizo de gardarroupa.
- Agasallo da Asociación “Bicos de Papel” por ter colaborado ca infancia de oncoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro coa túa inscrición.
A entrega dos dorsais (que tamén é o vale para os callos) realizase o día 10/01/26 no lugar
de saída no seguinte horario: de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 e no propio día a partires das 08:00 ata media hora antes da saída de cada proba.
O regulamento completo atópase no mesmo enlace da inscrición.
Podese atopar os tracks nalgun lugar?