I Andaina nocturna «Noite de cabazas»

Andaina

O 8 de Novembro levarase a cabo a I Andaina nocturna «Noite de cabazas», terá un percorrido de 7 km aprox. polo noso barrio. A saída realizarase dende o Centro Cultural Social de Castro Barreiro, Salceda de Caselas as 21:30. O punto de saída tédelo no seguiente enlace: PUNTO DE SAÍDA

Os participantes deben facer grupos de 6 a 12 persoas e traer lanterna e chaleco, durante o percorrido terán que superarse probas para conseguir os elementos cos que facer unha cabaza. A mellor cabaza terá como premio un XAMÓN!!!

Ao rematar farase un magosto e haberá chocolate quente para todos. Dispoñemos de vestirarios e duchas para aqueles participates que desexen facer uso deles.

A inscripción ten un prezo de 5€ por persoa.

Para inscribirse hay que facer o ingreso de 5€ no número de conta de ABANCA 2080 5060 18 3000135311 indicando no concepto: Nome e Apelidos  e enviar un e-mail a la dirección de correo contacto@carnavalcastrobarreiro.com co xustificante de pago(foto ou escaneo). Se o prefires, podes contactar con algún membro da organización, achegarte a copistería Sernel ou á cantina do Centro Cultural de Castro Barreiro para inscribirte e pagar a inscripción. DATA LÍMITE DE INSCRIPCIÓN: 03/11/2014 23:59

4 comentarios en «I Andaina nocturna «Noite de cabazas»»

  • 2 noviembre, 2014 a las 6:58 pm
    Enlace permanente

    Hola. Veño do C.C e non me pudieron informar de si é andaina ou rastrexo e si poden participar nenos. Necesito esa información para ver si participamos. Moitas grazas

    Respuesta
    • 2 noviembre, 2014 a las 7:20 pm
      Enlace permanente

      Hola,

      É unha andaina con probas que haberá que facer en distintos puntos do percorrido para ir gañando puntos (non son obrigatorias nin son probas físicas senón de habilidade, aptas para todos). A andaina non será cronometrada.

      Tampouco se recomenda a participación a menores de 14 anos xa que haberá sustos durante o camiño pero iso é responsabilidade do maior de idade que deberá acompañalos.

      Un saúdo.

      Respuesta
  • 10 noviembre, 2014 a las 7:54 am
    Enlace permanente

    Todos los componentes del grupo de Festa Rachada os quiere felicitar por la buena organización y el buen trabajo (hasta el último detalle muy cuidado) que se hizo en la Andaina del pasado sábado, . Nos lo pasamos en grande, tanto los adultos como los peques (4 niños), todos salimos encantados. Muchas gracias por el buen rato que nos hicisteis pasar.
    Repetiremos seguro.
    Festa Rachada. O Porriño.

    Respuesta
    • 10 noviembre, 2014 a las 3:06 pm
      Enlace permanente

      Dende a organización queremos darvos as grazas por participar e alegrámonos de que todo vos gustase. Esperamos vervos en próximas edicións ou noutras actividades que realizamos ao longo do ano. Tamén aproveitamos para invitarvos ao Carnaval de Castro Barreiro que se celebrará o martes 16 de Febreiro.

      Un saúdo.

      Respuesta

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *