X Carnaval de verán de Castro Barreiro 2014

Carnaval de Verán 2014
Cartel X Carnaval de Verán

Salceda ríndese ao Carnaval de Verán de novo neste 2014. 10 anos van xa dende que se nos ocurriu disfrazar a xente en pleno verán. Como sempre, ano tras ano tratamos de sorprender aos asistentes con actividades e coa mellor música, que este ano correrá a cargo dunha variedade de deejays.

Carnaval de verán 2014 celebrarase durante a tarde-noite do venres 4. A partir das 8 da tarde dará comezo a 3ª edición do rallye de bares e a partires das 23:59 comezará a soar a música no noso recinto de festas onde se prolongará ata altas horas. Durante toda a noite celebrarase tamén un concurso de disfraces do que se publicarán os resultados cara a madrugada

A previsión meteorolóxica para o Carnaval de verán de Castro Barreiro 2014 inclue bo tempo, posto que para a xornada do venres as temperaturas podrán rondar os 25 graos, anque haberá algunhas nubes.

Máis información no noso facebook

Programación prevista

20.00. Saída dende o torreiro de festas ata o centro de Salceda para levar a cabo o Rallye de Bares

23.59. Comeza a soar a música da nosa discoteca móbil

02.00. Comeza o concurso  de disfraces

05.00. Publicación dos gañadores do concurso de disfraces

07.00. Cos primeiros raios de Sol, fin da festa

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *