O próximo 8 de Xaneiro celebrarase a IX KDD BTT DOS CALLOS, con un recorrido de aproximadamente 36km e dificultade media, tanto física como técnica. A saída realizarase dende o Centro Cultural e Social de Castro Barreiro, Salceda de Caselas as 9:15, o punto de saída no seguinte enlace: PUNTO DE SALIDA
O prezo, se vos inscribides pronto hai importantes descontos, dende o 15/11/2022 ata o 30/11/2022 a inscrición custará 12€. A partir das 23:59 do 30/11/2022 ata o 24/12/2022 o prezo será de 15€. Por último, a partires das 23:59 do 24/12/2022 ata as 23:59 do 02/01/2023, o precio da inscrición será de 18€. Todos os inscritos/as teñen dereito a:
- 2 avituallamientos sólido e líquido durante o percorrido.
- Callos, pan e viño tinto.
- Seguro de accidentes para todos/as os participantes.
- Servizo de duchas.
A entrega de dorsais (que tamén é o vale para os callos) será o Sábado 7 de Xaneiro de 10:00h a 13:00 e de 16:00h a 20:00 e rogamos que todos os participantes que poidan, asistan este día a recollelo. No día, os dorsais entregaranse de 07:30 a 08:30. PUNTO DE ENTREGA
– FORMULARIO INSCRIPCIÓNS IX KDD BTT DOS CALLOS
– LISTA INSCRITOS IX KDD BTT DOS CALLOS
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 02/01/2023 23:59
Tamén haberá os seguintes trofeos:
- Trofeo ao club máis afastado
- Trofeo ao club máis numeroso
- Trofeo ao ciclista de maior idade
Reglas, normas e requisitos OBRIGADA ACEPTACIÓN | Mostrar> |
---|---|
Hola buenas, hace falta estar federado?
Hola Bos dias onde podo inscribirme a página de buscametas non está actualizado