
A asociación xuvenil «Nós Somos Nós» ten o pracer de presentar unha nova edición de «ANDAINA». Este ano, coa novidade de SOLIDARIA, colaborando con cada inscrición coa Asociación “Bicos de Papel” do hospital Álvaro Cunqueiro.
A andaina celebrarase o día 12 de xaneiro de 2025 e terá inicio no Centro Cultural de Castro Barreiro as 10:30 h. O percorrido será de 8 km aproximadamente pola contorna, onde se poderá gozar dunha paisaxe fermosa nun entorno moi natural.
O prezo da inscrición é de 6€ e prazo de inscrición remata o 9 de xaneiro de 2025. Unha porcentaxe da inscrición está destinada a Asociación “Bicos de Papel”, ademais poderás doar a cantidade que consideres.
No caso de non poder participar, pero querer doar, poderás facelo a través do DORSAL 0 = DORSAL SOLIDARIO. A infancia de oncoloxía do Álvaro Cunqueiro agradeceracho.
A inscrición dá dereito, ademais da participación no evento, ao seguinte:
- Unha tapa de callos, pan, viño e sobremesa.
- Bolsa con auga e froita.
- Servizo de gardarroupa.
- Agasallo da Asociación “Bicos de Papel” por ter colaborado ca infancia de oncoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro coa túa inscrición.
O regulamento completo atópase no mesmo enlace da inscrición.
Quiero participar en la andaina
Ola si puede ser queremos participar el la andaina somos tres personas
Hola!! Todavía me puedo inscribir? Es q mi peque quiere ir ….
Gracias