IX Trail dos Penedos 2025

 

 

A asociación xuvenil «Nós Somos Nós» ten o pracer de presentar o «IX TRAIL DOS PENEDOS 2025″.».

O trail terá inicio no Centro Cultural de Castro Barreiro. Haberá 2 percorridos: un longo que será de 25 km aproximadamente con 1300m de desnivel positivo; e tamén un mini trail cunha distancia aproximada de 15 km e 700m de desnivel positivo.

O prezo da inscrición ata o 26/12/2024 é de 18€ (longo) e 13€ (curto). A partires das 23:59 do 26/12/2024 ata o 09/01/25 ás 23:59h (día que se pecha a inscricións) o prezo será de 25€ para o percorrido longo e de 19€ para o curto. Unha porcentaxe da inscrición está destinada a Asociación “Bicos de Papel”, ademais poderás aportar o realizar a túa inscrición o que consideres. A infancia que está a sufrir o cancro no Hospital Álvaro Cunqueiro agradeceracho.

Se non podes asistir o eventos e queres aportar o teu gran de area poderás facelo a través do DORSAL 0 = DORSAL SOLIDARIO.

A inscrición da dereito, ademais da participación no evento, ao seguinte:

  • Unha tapa de callos, pan, viño e sobremesa.
  • Seguros de RC e Asistencia Sanitaria.
  • 4 avituallamentos sólidos e líquidos no percorrido longo.
  • 2 avituallamento sólido e líquido no percorrido curto.
  • Regalo para os primeiros 250 inscritos.
  • Servizo de duchas.
  • Servizo de cronometraxe.
  • Servizo de gardarroupa.
  • Agasallo da Asociación “Bicos de Papel” por ter colaborado ca infancia de oncoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro coa túa inscrición.

A entrega dos dorsais (que tamén é o vale para os callos) realizase o día 11/01/25 no lugar
de saída no seguinte horario: de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 e no propio día a partires das 7:30 ata media hora antes da saída de cada proba.

PUNTO DE ENTREGA

O regulamento completo atópase no mesmo enlace da inscrición.

FORMULARIO E LISTADO INSCRICIÓNS IX TRAIL DOS PENEDOS 2025

2 comentarios en «IX Trail dos Penedos 2025»

  • 12 enero, 2025 a las 6:43 pm
    Enlace permanente

    Noraboa polo Trail.De 10
    Onde se poden ver as fotos?
    Moitas grazas.

    Respuesta
  • 13 enero, 2025 a las 5:18 pm
    Enlace permanente

    Buenas tardes. Enhorabuena por el Trail. Me gustaría saber donde se van a publicar las fotos o donde encontrarlas.

    Respuesta

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *