XI KDD BTT dos Callos 2025

 

 

A asociación xuvenil «Nós Somos Nós» ten o pracer de presentar a «XI BTT DOS CALLOS 2025».

A BTT dos Callos terá inicio no Centro Cultural de Castro Barreiro ás 09:30h. Como novidade, este ano, haberá dous percorridos; un longo de 47Km e 1500m de desnivel aproximadamente, e un curto 32km e 1000m de desnivel aproximadamente.

O prezo varía dependendo da data de inscrición, tendo en conta dous rangos de prezos. O primeiro rango comeza en 15€ e no último 19€.

A inscrición da dereito, ademais da participación no evento, ao seguinte:

  • Unha tapa de callos, viño, pan e sobremesa.
  • Seguros de RC e Asistencia Sanitaria.
  • 2 avituallamentos sólidos e líquidos. O primeiro avituallamento no km 23 aproximadamente, e o último en meta.
  • Regalo para os primeiros 250 inscritos.
  • Servizo de duchas.
  • Servizo de lavado de bicicletas.
  • Servizo de gardarroupas.
  • Agasallo da Asociación “Bicos de Papel” por ter colaborado coa infancia de oncoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro coa túa inscrición.

A entrega dos dorsais (que tamén é o vale para os callos) realizarase o día 11/01/25 no lugar de saída no seguinte horario: 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00. No propio día a partires das 7:30 ata media hora antes da saída da proba.

PUNTO DE ENTREGA

O regulamento completo atópase no mesmo enlace da inscrición.

FORMULARIO E LISTADO INSCRICIÓNS XI KDD BTT DOS CALLOS 2025

2 comentarios en «XI KDD BTT dos Callos 2025»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *